[p.28]
Pouco mais abaixo do lugar de Castelo, donde
vive Mingas, hay unha presa de casas, medio escondidas entre as pereiras
e castiros, que pertenecen á mesma parroquia, facendo outro pequeno
lugar, ó que chaman Castelo d'abaixo. Anque ten millor situaceón qu'o
d'arriba, non por eso a xente deixa de ser mais probe.
No medeo do lugar ouservase unha casa que, d'un
lado, ten as paredes novas. Calquera conoce que fixeron medea casa e
deixaron a outra medea por facer. A parede que cadra ó norte ten un
estreito tragaluz tapado c'un fazucho de pallas, pol-o lao do naciente
ten unha ventana non muy grande, cerrada c'unha contra de taboas vellas
y outro tanto lle socede polo lao do poniente. Como a casa nova alza
mais qu'a vella, sobresai d'ela pol a parte do mediodía e conócese que
teñen mentras d'arrematala, porque deixaron na parede unha porta, que
tamén está tapada con unha sebe de xestas embarrada, o mesmo qu'a
casa.
A casa, que queda vella, pouca mais altura ten
do terreo ô lousado qu'a porta, por donde s'entra. Un pouco esviado da
porta, e pegado a casa, vese un pendello, baixo do qu'hay un carro co-as
ladreas postas, un arado, un grade e duas gabelas de toxos.
Anqu'é cerca da postura do sol vou à levar ó
leutor conmigo pol-a casa adiante.
Dempois de pasada a porta, éntrase na corte
[p. 29]
do curro, en donde se ve à esquerda unha porta, gardada por unha vella,
que está contando as ovellas, que veñen do monte, a dreita hay outra
porta e unha manxadoira, e, de frente, a porta da cociña. Afala as
ovellas unha rapaza que terá acarón de dacenove ou vint'anos. Esta
rapaza, á pirmeira vista, conòcese qu'é un toutoroutou, pois ten unha
cara sin expresión e maneiras demasiado xotas pra unha muller do seu
tempo.
Traguia espetada na cintura unha roca, c'unhas
cantas estopas, ainda presas por un rocadeiro, feito d'unha carta de
baraxa, cosido con liñas de fio branco.
Non ben entrou na cuciña, pousou á roca, o
fuso y-os fusados que fiara, sobre da artesa, correull'o tarabelo a
porta da lacena, agarróu un codelo de broa e largouse da casa anacando
n'ela camiño do prado, a catar un feixe d'herba, pra duas vacas e un
becerro que tiña que manter.
Deixémola
ir, e nosoutros quedémonos na cociña, donde vemos, acarón da lareira,
un home como d'us cincoent'anos e unha muller, que figura ser mais nova
qu'el. Mentras á muller pela patacas, o home atiza carpazas o lume c'un
guizo.
Vamos á escoitarlles a conversa que teñen,
pol-o que sacaremos qu'ela non está de bon xenio.
Non sirves pra nada, di ela, e o casarme
contigo foi a miña perdición.
E ti qué trouxeche cando viñeches pr'aqui mais
qu'ese pirìllán que me veu a desfacer a casa que tiña co gallo de
facer outra millor, que nunca acaba
nin ha d'acabar, porqu'agora si se casa aló bótall'un galgo, cando se
verá-por aqui? Y o galupin inda s'estreve a escribirche que te vayas
pr'aló,
y-eu que me quede gobernando por eiquí. ¡Véigach'o demo! Debe ser
fillo d'algún corvo. ¿Y-él en que terra estamos?
Non tes que decir nada d'Estebo, pois sem-
[p. 30]
pre te tratou como si foras pai; certo é qu'a é nunca lle dixen á
verdá porque teño medo de perdel-o seu cariño, cando seipa que non é
meu fillo. Ademais, ¿qué tes que falar? Graceas á él comemos pan
tod'o ano; canto ganou por fora sempre o empregou en milloral'a casa, e
s'agora lle cadra acomodarse c'unha muller rica, ¿porqué non o ha de
facer?
Porque debe cumprir con Mingas da Cabanexa
agora que consinten seus pais. Si fora home de ben, contestara as cartas
que ll'escribiron Mingas e seu pai pra que viñese á casarse antes de
qu'ela caya na cama. Xa sabes qu'é a millor casa do curato e qu'aló
non ha d'atopar millor comenencea.
Pois fai ben en casars'agusto. Cando así o
fai é porque lle convirá millor. Y-a d'aqui, si non soupo ter conta de
si que se aguante; que Iles vote á seus pais a culpa de todo. ¿Ou que
se lles figura? Estebo é tanto com'eles, fillo d'un siñor como pode
ser o mais pintado, e eu non sei o que me deixou seu pai pra que lle
dese á Estebo cando se casase; pero pol-o peso, que ten, figúraseme
qu'é unha dote e non pequena.
Non sei donde demo metiche esa caixa, que nos
puido sacar d'apuros o ano da fame, e nunca puiden dar coela.
Metina donde nunca poideses atopala, porque
lle xurei o pai non abrila hastra qu'o meu fillo fose maor de edá ou se
casase, y anque morrera de fame, habia de cumprir o xuramento. Moito me
quixo aquel siñor, que nunca puiden saber mais d'él.
Vaya! diana, diana: inda penso que vas outra
volta chorar por él; pois acórdate de gobernar a tua casa, que che
tén mais conto, y-escríbelle á ese rapazote, que si ven acó con
intenciós de levarte, qu'escusa de poñer os pes no camiño, por-
[p. 31]
que ll'esmago os osos á paus, antes que na casa m'entre.
Gardariaste ben de tocarll'a roupa c'un
dedo mollado, porque te envolveria com'unha
manela de lá. Eu irei ou non co-él, según
me teña conta, dixo Berta, largándose da cociña, por partir a reña;
pero co tono do que acostuma á mandar.
Pol o que se ve, o home era un Xan d'elas,
porque se quedou mirando pra donde se marchara a muller, e siquera se
levantou do banco donde estaba, sinon que quedou esbarafundando solo,
como s'estuvese reñendo co a muller, e vengándose en escagallar o lume
co guizo que tiña na mau.
Debemos decir, antes d'acabar este capítulo,
que era hirmau d'aquela que veu co as ovellas e fillo da vella qu'as
contaba. Esta casárase c'un curmao e tivera solo estes dous rapaces, qu'entrambos sairon algo xotos e de
pouca chencha.
Berta, qu'así se chama á mai d'Estebo, conoceu
o seu home n-unha romaria, propuxoll'o casarse e, anque sabia como era,
casouse, porqu'ó fin y-ó cabo, ela non tiña nada y él era mayorazo
d'unhos bes medianucos; pero que daban de comer, traballando moito
n'eles. Ademais, ela xa tivera un fillo, era de casa probe, e non habia
d'atopar outra millor comenencea.
Como Berta era boa moza, e logo gastaba bos
vestidos e se lle supoñia que ganara moito por fora, tampouco a familea
do home reparou en que traguia un fillo pra casa. Así é que se
casaron, e como ela era unha muller moy espabilada, dende os pirmeiros
tempos tratou de poñerse os calzós, sin qu'o home s'opuxese en nada,
porque sempre estivo tolo por ela.
En medeo das moitas porque tivo que pasar pra
agoantar a unha cuñada medio fata y-a un
[p. 32]
home burro e testán, cadroull'a sorte de vivir c'unha boa sogra,
qu'axudou moito.
Tivo do home outro fillo, que d'aquela iba
servir o Rey. O mesmo á él qu'a Estebo os puxo á entrambos na escola,
pro éste deprendeu de cote millor qu'aquél, pois a Estebo
quedábaselle millor á letra, e chegou à saber ler, esquirbir e contar
bastante ben; pero sempre lle tivo pouca ley á casa, pois xa de pequeno
quixo que II'aprenderan á carpinteiro e nunca se lle deu por coller a
rabela na mau.
Por eso o home de Berta sempre lle tivo pouca
pia.
Pero anque Estebo non deixaba de conocelo,
sempre lle gardou respeto ó que supoñia pai, y-anque non traballaba os
bes, de cote tratou de traguer pra casa canto ganaba, co gallo de
amostrar qu'él podía facer mais que seu hirmau.
Por eso tiña certa fachenda en haber feito a
casa co que él ganara, e por eso tamén tratara d'ir ás minas por mor
de poder arrematala, pra ter pol-o menos, casa en que vivir con Mingas,
si pol-o qu'é de caso, seu pai seguia empeñándose en non darlla. |